Durante séculos os italianos debateron sobre o modelo do italiano culto, e tal debate
foi coñecido por a "questione della lingua".
Nos tomámos prestado a dita expresión para dar título a estas páxinas, como tomamos prestadas
muitas outras cousas, que tratan tamén dunha polémica lingüística, mais neste caso sobre a língua
galega. Xa é centenária tamén a polémica sobre cal debe ser a norma do galego
culto, pois xurde practicamente ao mesmo tempo en que, tras os séculos escuros,
o galego volta a ser escrito. De feito o autor do primeiro libro en galego dado
ao prelo1
veu-se impelido a xustificar a sua escolla ortográfica. Desde entón veñen
convivendo no movimento
galeguista2
polo menos duas tendéncias polo que respeita ao modelo de língua, e a cuestión
non semella estar rematada. Claro que se estivese rematada, ou en vias de
solución xa non terian sentido estas páxinas. Pode-se achar unha descripción da
polémica nos seus termos actuais na páxina A discusión normativa da escrita galega das
ciberirmandades.
Diciamos antes que tomamos prestadas muitas
cousas, e certamente non é a nosa intención apresentar material orixinal, senón
reunir o existente e face-lo accesíbel neste inmenso armacén de información que
é a internet. Ainda que @s autor@s destas páxinas temos loxicamente as nosas
preferéncias normativas, nen sempre as mesmas, para a elaboración destas páxinas
pretendemos ser imparciais, buscando publicar todo o material que chegue as
nosas mans. Trataremos portanto de ir apañando todo o que relacionado con este
tema e pondo-o a vosa disposición.
Na sección Artigos,
tratamos de reunir os artigos que, a partir do famoso Encontro Trasatlántico, foron publicados na prensa
galega, incluida a prensa electrónica. En Academia
incluimos artigos publicados en revistas mais ou menos especializadas, ou mesmo
capítulos de libros.
Na sección de Documentos
iremos colocando con vagar as distintas propostas normativas, e
similares.
O Foro,
como o seu nome indica esta pensado para que des a tua opinión, sobre a cuestión da
lingua galega,
Tamé temos un libro de visitas, onde podes
contarnos as tuas impresións sobre estas páxinas.
Por último incluimos, como non, unha sección coas ligazóns
relacionadas con este tema.
Sabemos que neste momento falta muito material relevante por incluir,
mais contamos convosco para que nos axudedes a
encher os ocos. Muitas son as formas en que nos podedes axudar, por se alguen
non ten imaxinación a seguir incluimos algunhas delas:
1 X.M. Pintos, publicou A gaita gallega por fascículos
no ano 1853, empregando unha ortografía etimolóxica.
2 Non podemos
esquecer outra tendéncia dentro da sociedade galega: a substitución do galego
polo castelán. De feito, axudada certamente por forzas alleas a Galiza, é a
postura que máis exito tivo até o momento.